Aviso legal e política de privacidade

AVISO LEGAL

Información xeral

O enderezo URL [páxina web http://marin2020.es/] (en diante, o sitio web) é un dominio rexistrado por Urban Marín (en diante, a empresa) con domicilio social en Avda. de Ourense s/n. Pontevedra.

Esta páxina ten carácter informativo e de exclusivo uso persoal. O seu obxectivo é facilitarlle ao público en xeral o coñecemento dos produtos e os servizos ofrecidos. O acceso ao sitio web é, en principio, gratuíto, sen prexuízo de que a contratación de produtos ou servizos a través do sitio web estea suxeita a unha contraprestación económica.

A persoa usuaria comprométese a non utilizar o sitio web nin a información ofrecida nel para a realización de actividades contrarias á lei, a moral ou a orde pública, e a respectar as condicións de uso establecidas pola empresa.

Propiedade intelectual e industrial

A empresa é titular dos dereitos de propiedade intelectual sobre o contido deste sitio web, incluíndo, a modo enunciativo e sen carácter limitativo, deseño gráfico, códigos, fontes, textos, imaxes, vídeos, marcas, logos ou signos distintivos, ou dispón dos permisos necesarios para a súa utilización.

Prohíbese a modificación, copia, reprodución, descarga, transmisión, distribución ou transformación dos contidos do sitio web se non se ten a autorización do titular dos correspondentes dereitos ou se non se encontra legalmente permitido.

A lesión por parte de terceiros dos dereitos de propiedade intelectual ou calquera outro dereito sobre o contido deste sitio web, titularidade da empresa, dará lugar ás responsabilidades legalmente establecidas.

Contido web e ligazóns

A información contida neste sitio web pode non ser correcta; por iso a empresa non se responsabiliza de calquera dano ou perda directa ou indirecta que poida ocasionar a exactitude, integridade ou veracidade da devandita información, así como tampouco do uso por terceiros do contido deste sitio web, nin dos posibles erros no acceso a esta. Ao mesmo tempo, a empresa resérvase o dereito a suspender temporalmente a accesibilidade ao sitio web cando sexa necesario, sen necesidade de previo aviso.

Este sitio web contén ligazóns a páxinas externas, aínda que a empresa non é responsable dos contidos das mencionadas páxinas (é responsabilidade do usuario rexerse polos termos e condicións de utilización das páxinas consultadas) nin do mal uso nin as actividades contrarias á lei, a moral ou a orde pública que realicen os usuarios nas citadas páxinas.

Ao mesmo tempo, o establecemento de calquera hiperligazón desde unha páxina web deberá efectuarse á páxina principal do sitio web. Queda prohibida a reprodución total ou parcial de ningún dos servizos contidos no sitio web da empresa.

Modificación dos termos e condicións de uso

As presentes condicións xerais e as particulares que eventualmente poidan establecerse, e coa redacción que presenten en cada momento, teñen unha duración indefinida, e permanecerán en vigor mentres o portal continúe activo. A empresa resérvase en todo caso o dereito unilateral de modificar as condicións de acceso a estas, así como o seu contido.

Lexislación e xurisdición aplicables

As presentes condicións de uso réxense pola lei española e as partes acordan someterse á xurisdición dos xulgados e e tribunais de Pontevedra en caso de disputa ou controversia relacionada coa aplicación ou interpretación desta.

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Finalidade, destinatarios e exercicio de dereitos

Os datos persoais facilitados a través deste sitio web serán recollidos en ficheiros de titularidade da empresa coa finalidade de xestionar, administrar e prestarlle os servizos ou facilitarlle os contidos que nos solicite, así como poder ofrecerlle novos servizos e contidos e enviarlle información comercial relacionada coas novidades e promocións da empresa. Os datos obrigatorios de cada formulario serán identificados como tal, provocando a falta de subministración da devandita información ou a subministración de datos incorrectos, que a empresa poida prestarlle os servizos ou contidos que solicite.

O usuario consinte o tratamento dos seus datos coas finalidades descritas. Así mesmo, informámolo de que poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante correo electrónico ao enderezo info@marin2020.es, identificándose como usuario do sitio web e concretando a súa solicitude, ou ben mediante correo ordinario ao enderezo anteriormente indicado (domicilio social), achegando fotocopia do DNI ou documento equivalente.

Cookies e arquivos de seguimento

Unha cookie é un pequeno arquivo que se descarga no ordenador, tablet ou smartphone do usuario, coa finalidade de descargar datos e información que poderán ser actualizados e recuperados pola entidade responsable da súa instalación.

Se desexa obter máis información, pode ler a nosa política de cookies faga clic aquí 

Responsabilidades e compromisos do usuario

El usuario garantiza que es mayor de 14 años y que la información facilitada es exacta y veraz, comprometiéndose a informar a la empresa de cualquier modificación de la información que le haya sido solicitada, mediante correo electrónico a la dirección [info@marin2020.es], identificándose como usuario do sitio web e concretando os datos que fosen modificados.

O usuario deberá manter en segredo as claves e os códigos de identificación e informar a empresa en caso de perda, subtracción ou acceso non autorizado, coa maior brevidade posible, xa que a empresa non se responsabilizará do uso indebido por terceiros non autorizados.

No suposto de que na execución dos servizos lle sexan facilitados á empresa datos de carácter persoal de terceiros, o usuario garante que está facultado lexitimamente para facilitar os mencionados datos e que procedeu a informar o interesado da cesión dos seus datos e a solicitar o seu consentimento. Así mesmo, responsabilizarase do incumprimento destas obrigas.